
El campo para el hombre + O mercado do trigo + Galicia - Finis Terrae
- Repertorio
- DCP2K
- VO
El campo para el hombre + O mercado do trigo + Galicia - Finis Terrae
- Repertorio
- DCP2K
El campo para el hombre
Helena Lumbreras | Colectivo de Cine de Clase | 1973 | 50 min | VO
En 1973, a bordo dun Citroën 2 Cabalos, Helena Lumbreras e Mariano Lisa viaxan a Galicia e Andalucía para retratar a situación do campo en España. Labradores minifundistas e xornaleiros do latifundio relatan ante a cámara a manivela do Colectivo de Cine de Clase as súas precarias condicións de vida e traballo. Sobre estes materiais constrúese El campo para el hombre, obra clave do cinema clandestino que, partindo dunha poderosa análise sobre as relacións de clase no sector agrario, encontra na loita e o traballo campesiño a súa propia poesía.
O mercado do trigo
A Corner in Wheat | D. W. Griffith | 1909 | 14 min | VOSG
Con Frank Powell e Grace Henderson
Un labrador realiza o seu traballo diario de sementeira e colleita. En paralelo, "o rei do trigo" trama a súa estratexia monopolista: mercar a baixos prezos para fixar despois as tarifas ao seu antollo. Esta profética curtametraxe, reivindicada por Danièlle Huillet e Jean-Marie Straub, foi definida como segue por Luc Moullet: "Griffith está aquí, paradoxalmente, moi próximo a Karl Marx".
Galicia - Finis Terrae
Carlos Velo | Fernando G. Mantilla | 1936 | 8 min | VO
Pouco antes do golpe de estado fascista do 36, Carlos Velo viaxa por Galicia para realizar un díptico sobre a vida e o traballo no campo e no mar. A metraxe que se conserva pertence maioritariamente á parte campesiña e eríxese como unha peza fundacional do cinema galego e en pedra angular do documental republicano.
A sesión estará conducida polo investigador e socio de NUMAX Xan Gómez Viñas e conta coa colaboración de Filmoteca de Catalunya, Filmoteca de Galicia e Fundación Carlos Velo.
- Título orixinal: El campo para el hombre
- Ano: 1973
- Duración: 72 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Helena Lumbreras | D. W. Griffith | Carlos Velo


