The Children's Hour / A calumnia

  • Repertorio
  • VOSE
Proximamente

The Children's Hour / A calumnia

Karen Wright e Martha Dobie son dúas amigas que dirixen unha escola privada para nenas. Cando unha das alumnas inventa o rumor de que ambas manteñen unha relación lésbica, a mentira espállase e provoca un escándalo que destrúe a reputación das profesoras. Malia os seus intentos por defenderse, as dúas mulleres enfróntanse ao rexeitamento social e ás consecuencias dunha acusación que pon en perigo a súa carreira, a súa amizade e a súa vida persoal.

  • Título orixinal: The Children's Hour
  • Ano: 1961
  • Duración: 108 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: William Wyler
  • Guión: John Michael Hayes. Baseado na obra teatral homónima de Lillian Hellman
  • Montaxe: Robert Swink
  • Fotografía: Franz Planer
  • Produtora: William Wyler, Robert Wyler e Walter Mirisch