A famosa invasión dos osos en Sicilia
- Estrea
 - DCP2K
 - +7
 - VE
 
A famosa invasión dos osos en Sicilia
- Petís NUMAX
 - Estrea
 - DCP2K
 - +7
 
O personalísimo universo visual do ilustrador e autor de novela gráfica Lorenzo Mattotti (tamén colaborador de figuras como Lou Reed, Soderbergh e Antonioni) fúndese aquí co de Dino Buzzati, cuxo mítico libro adapta nesta xoia da animación moderna. A historia de como os osos acaban invadindo Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso é en realidade unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e a utilización despótica do poder cuxa potencia levouna á sección Un Certain Regard de Cannes. Infinito deleite plástico e capas de significado nunha obra que parte do infantil para acadar a universalidade.
- Título orixinal: La fameuse invasion des ours en Sicile
 - Ano: 2019
 - Duración: 82 minutos
 - Idioma orixinal: Francés
 - Dirección: Lorenzo Mattotti
 - Guión: Thomas Bidegain, Jean-Luc Fromental, Lorenzo Mattotti (Novela: Dino Buzzati)
 - Montaxe: Nassim Gordji Tehrani, Sophie Reine
 - Dirección de arte: Julien De Man
 - Son: Jean-Marc Lentretien
 - Música: René Aubry
 - Produtora: France 3 Cinéma, Indigo Film, Prima Linéa Productions, Pathé, RAI Cinema, Canal+ (Francia-Italia)
 - Distribuidora: La Aventura Audiovisual