Xa están aquí! Fotogramas extraterrestres

En carteleira

Ver a programación

Están vivos

John Carpenter

Un traballador atopa casualmente unhas lentes que permiten ver ás persoas tal e como son. Grazas a elas descubrirá que importantes personaxes da vida política e social son en realidade extraterrestres. Ler máis

10 e 19 de agosto

Without Warning

Robert Iscove

Os programas de televisión de todo o mundo son interrompidos para avisar dunha demoledora nova: tres meteoritos veñen directos cara a Terra. As autoridades cren que se achegan por causas naturais e póñense en marcha para destruílos antes de que sexa tarde de máis. Ler máis

11 e 24 de agosto

Aelita

Yakov Protazanov

Aelita, a raíña de Marte, farta de vivir sometida ao seu despótico pai, lanza unha chamada de socorro á Terra. Tras descifrar a mensaxe, un enxeñeiro ruso, ao que se une o revolucionario Gusev, emprende unha viaxe a Marte na nave que construíu. Ler máis

13 e 27 de agosto

Ultimato á Terra

Robert Wise

Unha nave extraterrestre chega á terra coa misión de entregar ao ser humano unha importante mensaxe. O mundo enteiro fica conmocionado o día en que, sen previo aviso, un platillo aterra en Washington e del sae Klaatu, un alieníxena de aspecto humano acompañado de Gort, un ameazante robot. Ler máis