Sporloos / The Vanishing / Desaparecida

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Proximamente

Sporloos / The Vanishing / Desaparecida

Rex e Saskia, unha parella neerlandesa, están de vacacións en Francia cando ela desaparece sen deixar rastro nunha área de servizo. Incapaz de aceptar o sucedido, Rex pasa os anos seguintes buscándoa, ata que comeza a recibir mensaxes de alguén que parece coñecer o seu paradoiro. O responsable da desaparición, Raymond Lemorne, é un home aparentemente común que agocha unha personalidade sinistra. A obsesión de Rex por descubrir a verdade acaba por envolvelo nun xogo psicolóxico cada vez máis perturbador.

  • Título orixinal: Sporloos
  • Ano: 1988
  • Duración: 107 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: George Sluizer.
  • Guión: Tim Krabbé e George Sluizer. Baseado na novela "A desaparición" de Tim Krabbé
  • Elenco: Bernard-Pierre Donnadieu, Gene Bervoets, Johanna ter Steege, Gwen Eckhaus, Bernadette Le Saché
  • Montaxe: Lin Friedman e George Sluizer
  • Fotografía: Toni Kuhn
  • Produtora: Anne Lordon e George Sluizer
Premios Cinema Europeo 1988 (Mellor actriz secundaria -Johanna Ter Steege-), Premio da Crítica Neerlandesa 1988 (Becerro de Ouro á mellor película e Premio da Crítica), Fantasporto 1990 (Mellor dirección e actor -Bernard-Pierre Donnadieu)