Sans soleil
- Repertorio
- DCP2K
- +12
- VOSE
-
- VOSE Presentación de Iván García Ambruñeiras
Sans soleil
- Foco Chris Marker
- Repertorio
- DCP2K
- +12
Tres nenos nunha estrada en Islandia, unha tripulación adormecida a bordo dun barco, un emú en Île de France, un fermoso rostro das illas Bijagos, un cemiterio de gatos ás aforas de Tokio, vagabundos en Namidabashi, os habitantes da Illa de Fogo, Cabo Verde, un carnaval en Bissau... Así inicia o relato unha muller descoñecida que le as cartas remitidas por un operador de cámara, Sandor Krasna, que a través do rexistro das imaxes das súas viaxes se interroga sobre a memoria e a función do recordo, "que non é o contrario do olvido, senón o seu oposto", para conformar, como Sei Shônagon, a súa particular listaxe de "cousas que fan bater o corazón".
Probablemente a obra mestra de Chris Marker. Un fascinante documental experimental que a xeito de diario de viaxe reflexiona sobre a imaxe e a memoria. O pase será presentado polo profesor e cineclubista Iván García Ambruñeiras.
- Título orixinal: Sans soleil
- Ano: 1983
- Duración: 100 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Chris Marker
- Guión: Chris Marker
- Participación: Florence Delay (narradora), Amilcar Cabral, Kim Novak, James Stewart, Bin Akao, David Coverdale
- Montaxe: Chris Marker
- Dirección de arte: Pierre Camus
- Son: Paul Bertault, Antoine Bonfanti
- Música: Chris Marker
- Fotografía: Chris Marker
- Produtora: Argos Films (Francia)
- Distribuidora: Proserpa Films