
Mommy
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Mommy
- 10/10: As espectadoras presentan
- Repertorio
- DCP2K
Nunha Canadá ficticia, apróbase unha lei que permite que os pais incapaces de controlar os seus fillos problemáticos os internen nun centro especial. Porén, Diane "Die" Despres, unha nai viúva con carácter, decide educar ela mesma o seu fillo adolescente Steve, que padece ADHD e que pode chegar a resultar violento. Kyla, a veciña de enfronte, ofrécelle axuda a Die. A relación entre os tres vaise facer cada vez máis estreita, agromando preguntas sobre o misterio da vida.
O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso a programadora e presentadora das sesións é Sabela Caamaño.
- Título orixinal: Mommy
- Ano: 2014
- Duración: 139 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Xavier Dolan
- Guión: Xavier Dolan
- Elenco: Anne Dorval, Antoine-Olivier Pilon, Suzanne Clément, Alexandre Goyette, Patrick Huard
- Montaxe: Xavier Dolan
- Dirección de arte: Raymond Larose
- Vestiario: François Barbeau, Xavier Dolan
- Son: Benoît Dame
- Música: Noia
- Fotografía: André Turpin
- Produtora: Metafilms (Canadá)
- Distribuidora: Avalon


