Level Five

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Level Five

Laura, unha programadora, recibe un encargo póstumo do seu xefe: contemplar un videoxogo sobre a batalla de Okinawa. A medida que investiga e se mergulla nos horrores da guerra, a liña entre a realidade e a ficción difumínase, levándoa a unha fonda reflexión sobre a memoria, a historia e a tecnoloxía.

Level Five explora a memoria como un proceso subxectivo e selectivo. O filme amosa como a memoria individual e colectiva se constrúe a partir de fragmentos, recordos e narrativas e como esta construción pode ser moldeada pola tecnoloxía e os medios de comunicación.

Presentación a cargo do profesor e programador de cinema Julio Vilariño.

  • Título orixinal: Level Five
  • Ano: 1997
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Chris Marker
  • Guión: Chris Marker
  • Participación: Chris Marker (narración), Catherine Belkhodja, Kenji Tokitsu, Nagisa Ôshima, Junichi Ushiyama, Kinjo Shigeaki
  • Montaxe: Chris Marker
  • Son: Florent Lavallée
  • Música: Chris Marker
  • Fotografía: Yves Angelo, Gérard de Battista, Chris Marker
  • Produtora: Argos Films, Les Films de l'Astrophore (Francia)
  • Distribuidora: Proserpa Films