La tour de glace / A torre de xeo
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
La tour de glace / A torre de xeo
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Anos 70. Atraída polas luces da cidade, Jeanne, unha moza de dezaseis anos, foxe do fogar de menores onde vive nas montañas. Refúxiase nun estudio de cinema que explora ás agachadas durante a noite. Polo día, alí ródase A Raíña das Neves, protagonizada pola enigmática Cristina. Fascinada pola beleza e o tormento da actriz, Jeanne cae baixo o seu feitizo, e entre ambas nace unha atracción mutua. Pouco a pouco, a rapaza comeza a ocupar un papel cada vez máis importante na rodaxe, mentres os límites entre o decorado e o mundo real se esvaen nun xogo máxico e labiríntico. Mais todo encantamento ten un prezo: amará Jeanne tanto á Raíña das Neves como para aceptar o sacrificio que ela lle esixe?
Lucile Hadžihalilović estudou Historia da Arte antes de graduarse na escola de cinema IDHEC de París (hoxe La Fémis). O seu debut, A boca de Jean-Pierre, presentouse en Cannes en 1996. En 2004, Inocencia foi premiada en San Sebastián e Estocolmo, mentres que Evolution (2015) recibiu o Premio Especial do Xurado e o de Mellor Fotografía en San Sebastián, e o de Mellor Dirección en Dublín. Earwig (2021) volveu ser distinguida co Premio Especial do Xurado en San Sebastián. Ese mesmo ano foi galardoada co Premio Méliès á traxectoria no Festival de Sitges.
- Título orixinal: La tour de glace
- Ano: 2025
- Duración: 118 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Lucile Hadžihalilović
- Guión: Lucile Hadzihalilovic, Geoff Cox
- Elenco: Marion Cotillard, Clara Pacini, August Diehl
- Montaxe: Nassim Gordji Tehrani
- Fotografía: Jonathan Ricquebourg
- Produtora: Muriel Merlin, Harald Steinwender (Francia)