FAIA: Ao cabo leirín
- Estrea
 - Dixital
 - VO
 
FAIA: Ao cabo leirín
- Estrea
 - Dixital
 
Faia Díaz Novo (De Vacas, Coro Encaixe, Apatacón) presenta na sala de cinema Ao cabo leirín nunha orixinal sesión de cinema para escoitar. A música do disco estará acompañada das videocreacións de Sara Traba. Ao cabo leirín é o título do primeiro disco de Faia. Trátase dun traballo gravado co Hevi (Malandrómeda, Fluzo) onde a cantora Faia Díaz explora e reivindica, cunha ollada moi persoal, os cantos tradicionais transmitidos polas mulleres. A portada e deseño do disco é obra de Roi Fernandez.
*A sesión do venres 5 de abril é de balde até completar aforo previa reserva no correo [email protected]
- Título orixinal: FAIA: Ao cabo leirín
 - Ano: 2019
 - Duración: 24 minutos
 - Idioma orixinal: Galego
 - Dirección: Faia Díaz Novo, Sara Traba
 - Música: FAIA