¿De qué casa eres?

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

¿De qué casa eres?

“De que casa es?” foi a pregunta que tiveron que responder case tres mil nenos e nenas españolas exiliadas na Unión Soviética durante a Guerra Civil. Este filme reconstrúe a historia dunha delas, Angelita Pérez, nai da directora, que pasou vinte anos en internados rusos ata licenciarse en Medicina en Moscova. A través das lembranzas compartidas entre a directora e a súa nai, a película trenza pasado e presente, historia e memoria, nun relato sobre a resistencia, o amor e a identidade. Revisitar o camiño de Angelita convértese nunha homenaxe á súa forza e nunha declaración de amor entre xeracións.

Ana Pérez-Quiroga é unha artista visual e performer portuguesa que vive e traballa en Lisboa. A súa obra, centrada na instalación, a fotografía, os obxectos e a arte de acción, aborda temas como a vida cotiá, a construción da identidade a través dos obxectos comúns e as cuestións de xénero. Expón regularmente desde 1999 en institucións nacionais e internacionais, e a súa obra forma parte de diversas coleccións públicas. Participou en residencias artísticas apoiadas por entidades como a Fundación Gulbenkian, a Fundación Oriente, o Institut Français du Portugal e a Cité Internationale des Arts de París, entre outras.

  • Título orixinal: ¿De qué casa eres?
  • Ano: 2025
  • Duración: 73 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Ana Pérez-Quiroga
  • Guión: Susana Barata Gomes, Ana Pérez Quiroga
  • Elenco: Angela Petra Cabral
  • Montaxe: Patrícia Saramago
  • Fotografía: Paulo Menezes
  • Produtora: Joana Ferreira (Portugal)