Programa dobre: Boorman and the Devil / Boorman e o diaño + The Exorcist II: The Heretic / O exorcista II: O herexe
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
Programa dobre: Boorman and the Devil / Boorman e o diaño + The Exorcist II: The Heretic / O exorcista II: O herexe
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
BOORMAN AND THE DEVIL / BOORMAN E O DIAÑO
David Kittredge | 112 min | Documental | Inglés | 2025
Con John Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Rospo Pallenberg, Karyn Kusama, Mike Flanagan, Joe Dante, Bilge Ebiri, Stephanie Zackarek, Simon Abrams, Jim Hemphill
Tras o éxito de Point Blank e Deliverance, a Warner Bros ofreceulle a John Boorman a oportunidade da súa vida: dirixir a secuela d’O exorcista, o fenómeno cinematográfico de William Friedkin de 1973. O resultado foi un dos maiores desastres da historia do cinema, un fracaso crítico e comercial que transformou a industria de Hollywood e estivo a piques de rematar coa carreira do director. O documental revisita aquel episodio a través das voces de Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Karyn Kusama, Mike Flanagan e outros creadores, que reflexionan sobre a ambición do proxecto, a súa audacia formal e o valor de asumir grandes riscos artísticos.
THE EXORCIST II: THE HERETIC / O EXORCISTA II: O HEREXE
John Boorman | 117 min | Ficción | Inglés | 1977
Con Linda Blair, Richard Burton, Louise Fletcher, Max von Sydow
Anos despois dos acontecementos d’O exorcista, esta nova entrega segue o padre Philip Lamont, enviado polo Vaticano para investigar a misteriosa morte de Merrin, o sacerdote que expulsou o demo do corpo da nena Regan. Agora adolescente, Regan parece recuperada, pero aínda arrastra lembranzas e forzas ocultas que desafían toda explicación racional.
- Título orixinal: Boorman and the Devil + The Exorcist II: The Heretic
- Ano: 1977
- Duración: 229 minutos
- Idioma orixinal: Inglés