Libraría

Teresa Ferreiro presenta «Dos personas» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acolle a presentación de Dos personas (La Cúpula) de Teresa Ferreiro o martes 28 de abril ás 19:00h. A autora estará acompañada pola editora Natalia Mosquera. A entrada é libre ata completar aforo.

Esta historia narra dúas vidas en paralelo, a dunha parella, Teresa e Jose. Teresa Ferreiro, filla de ambos, sométeos a un terceiro grao para dar o trazado dunhas vidas en aparencia correntes, pero únicas e irrepetibles nos seus pormenores. Os soños de mocidade, os desafíos adultos, a incorporación ao mundo laboral e os abundantes perigos dunha España en transición na que aínda é doado recoñecerse. Recordos, sensacións, acontecementos sociais e traxedias íntimas. Sucesos extraordinarios, golpes de sorte e peripecias de todo calibre. Un testemuño por partida dobre de que as historias máis fascinantes atópanse agochadas ao dobrar a primeira esquina da nosa árbore xenealóxica.

Teresa Ferreiro é ilustradora, doutora en belas artes e estudos de xénero, artista visual, creadora de cómics, escritora e DJ. Mesturou para radios internacionales como NTS e Threads Radio (Londres), Rinse FM (París), Kiosk (Bruselas) ou Somerset Radio (Nueva York) e participou en festivais como Sons da Canteira, Melona e Feudal Festival (España) e Cheeky NYE Party (Londres). É cofundadora da revista e asociación https://ruidodefondo.org/ e cofundadora do colectivo @sistersofrave. Traballa para Rockdelux. Dos personas (La Cúpula) é a súa primeira novela gráfica.

Fotografía: Mar Catarina