Sesión de curtametraxes La Machina

  • VO
Proximamente

Sesión de curtametraxes La Machina

A sesión contará coa presentación de Brais Romero, fundador da distribuidora La Machina.

 

Ecotone
Enar de Dios | 27 min | Galicia | VOSE | 2023
Ensaio audiovisual que se centra en zonas fronteirizas para falar das prácticas de control que se exercen sobre diferentes espazos co fin de mantelos separados. Estruturado nunha serie de “campos” ordeados de maior a menor escala (desde enormes zonas naturais protexidas ata espazos corporais diminutos), “Ecotone” é unha crítica a formas contemporáneas do capitalismo como o capitalismo de vixiancia ou o biocapitalismo. Usando unha gran variedade de material visual, combina e demostra as relacións que existen entre aspectos económicos, políticos, históricos e medioambientais.

O costume do traballo
Luís Morla | 14 min | Galicia | VO | 2025
Cada 10 de marzo, a auga sobe turbulenta pola ría de Ferrol. En 1972, ese mesmo día a policía abriu fogo e alcanzou aos sindicalistas ferroláns Amador Rey e Daniel Néboa, quen faleceu por mor dos disparos. Nos días seguintes a vida na cidade paralizouse, e as historias do ocorrido quedaron mergulladas no silencio.

Pupa
Antía Carreira Vázquez | 10 min | Galicia | VO | 2025
Ensaio fílmico de realismo máxico construído a partir de experiencias de persoas trans e non binarias. A través de Beta, recentemente operade no seu proceso de reafirmación de xénero, a curta abre un espazo coral onde resistencia, coidado e futuro entrelázanse. 

Los horrores de la guerra
Manolo Orellana Naranjo | 9 min | Galicia | VO | 2024
Dimitri Cachitev, un oficial de alto rango do exército soviético, proba arroz con leite no medio da batalla de Stalingrado e decátase de que a guerra nunca lle dará o pracer que lle proporcionou esta sobremesa. Despois disto, abandona o exército e retírase a Montejaque, unha aldea de Málaga.

  • Título orixinal: La Machina
  • Ano: 2025
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: VV.AA
  • Distribuidora: La Machina