Libraría

Samuel L. Paris presenta «O tenro é o salvaxe» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de O tenro é o salvaxe (Galaxia) de Samuel L. Paris o venres 16 de maio ás 19:00h. O autor estará acompañado pola poeta e directora da colección, Tamara Andrés. A entrada é libre ata completar aforo.

Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.

Samuel L. Paris (Muros, 1984) é autor dunha obra que desafía normas e formatos: Manual da destrución (2008), Inflamable (2012), Internacional de poesía anarquista (2020) e O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo (2024). A súa voz poética, de carácter marcadamente oral, nútrese de proxectos musicais e performativos.