Enrique Aparicio presenta «La mancha» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de La mancha de Enrique Aparicio o mércores 22 de maio ás 20h00. O autor estará acompañado polo escritor Ismael Ramos. A entrada é libre ata completar aforo.
Valentín leva un lustro e medio vivindo en Madrid. Alí estudou e puido vivir como o marica sen complexos que é, pero a crise económica obrígalle a regresar ao seu pobo, Baratrillo de la Mancha. Fuxiu á capital para converterse nun exitoso publicista, pero no verán de 2013 o mercado laboral está en punto morto e os seus soños quedan cada vez máis lonxe. Tras anos de vida frenética e libre, volve a un lugar onde os medos do pasado seguen vixentes, onde, como na súa adolescencia, teme saír á rúa e cruzarse coa mirada dos demais.
Con todo, este tempo en suspenso tamén lle permitirá descubrir historias de resistencia na súa propia contorna e modelos de vida doutras épocas e circunstancias. Os de persoas que tiveron que pelexar como el por atopar o seu sitio máis aló de convencións e normas.
Enrique Aparicio é coñecido tamén como Esnorquel. Maricón antes que persoa. Xornalista cultural freelance (ou sexa, tres veces precario), podcaster e DJ. Gañador do Premio Fungible de Relato Joven de Alcobendas en 2017 e o accésit do Premio Paco Rabal de Xornalismo Cinematográfico de AISGE en 2020. Pero o seu maior talento é imitar a Chiquito de la Calzada, como fixo a primeira vez que se subiu a un escenario con cinco anos.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
A hora da estrela
VOSE
-
-
Salve María
VOSE
-
-
A substancia
VOSE