Blanca Lacasa presenta «El accidente» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de El accidente (Libros del Asteroide) de Blanca Lacasa o venres 14 de novembro ás 19h. A autora estará acompañada pola xornalista Andrea Villa. A entrada é libre ata completar aforo.
Cando se coñecen, ambos teñen parella. Pero gústanse. Ou iso parece. Polo menos o suficiente como para poñer en marcha un mecanismo imparable a pesar da evidente imposibilidade. O mesmo engrenaxe que entra en funcionamento cada vez que a razón se nubla e o desexo –ou a imperiosa necesidade de gustar– se impón.
El accidente conta a vertixe do que ocorre nos primeiros compases do namoramento e deixa ao descuberto a universalidade de certos rituais de sedución.
Blanca Lacasa adéntrase por primeira vez na ficción con este adictivo relato sobre o anhelo, a romantización do desexo e o risco de sucumbir aos caprichos dalgunhas conquistas. Unha nouvelle sexy e chea de humor que funciona case como unha radiografía: difícil non recoñecer nela as tácticas ás que recorremos para enfrontarnos ás atraccións tan misteriosas como obsesivas.
Blanca Lacasa (Madrid, 1972) é escritora e xornalista. Colaborou en numerosos medios, sempre na sección de cultura. Nun pasado remoto tivo un grupo (Plastic d’amour). Tamén creou, dirixiu e presentou un programa de radio na extinta M-21 chamado «La flaneadora». Publicou unha decena de libros infantís, algúns deles traducidos a varios idiomas. É a autora do ensaio Las hijas horribles (2023) e da novela El accidente (Libros del Asteroide, 2025).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
A State of Passion
VOSE
-
-
Decorado
VG
-
-
Acabadas de nacer
VOSE