Libraría

Antón Blanco Casás presenta «Bosque» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do poemario Bosque (Galaxia), Premio Victoriano Taibo 2024, de Antón Blanco Casás o mércores 11 de xuño ás 19:00h. O autor estará acompañado pola ensaísta Laura Calvo e a directora da colección Dombate, Tamara Andrés. A entrada é libre ata completar aforo.

En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe.

A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese.

Antón Blanco Casás (Vilagarcía, 1996). Estudou Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e un máster en Teoría da Lingua e Literatura Comparada na Universitat de Barcelona, onde actualmente traballa como profesor de galego. É autor dos poemarios A oseira (2016), Tres estudios para un poema de ciudad (2018) e Voz do arqueiro (2020), que obtivo o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Participou nas antoloxías No seu despregar (2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017). Formou parte do grupo de música experimental Canino e do grupo de pop Atrás Tigre. En 2024 gaña o Premio de Poesía Victoriano Taibo pola súa obra Bosque.