
Sirat
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Sirat
- Estrea
- DCP2K
Un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Alí deciden seguir a un grupo de raveiros na busca dunha última festa que se vai celebrar no deserto, onde agardan atopar a moza desaparecida.
«Foi sen dúbida o meu filme máis difícil até a data, unha rodaxe extrema en localizacións de Teruel, épicas e fermosas por igual. Pasamos dos varios graos baixo cero das noites de inverno aragonesas á calor extrema do deserto do Sahara en pleno verán. Pero algo desa aventura desporporcionada que houbo detrás da cámara está no filme. Sirat é un filme intenso e vertixinoso no que o mineral afiado da paisaxe non vai deixar indiferente a ningún tipo de espectador» (Oliver Laxe)
- Título orixinal: Sirat
- Ano: 2025
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Oliver Laxe
- Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
- Elenco: Sergi López, Bruno Núñez, Stefania Gadda, Jade Oukid, Richard Bellamy, Joshua Liam Herderson, Tonin Janvier
- Montaxe: Cristóbal Fernández
- Dirección de arte: Laia Ateca
- Vestiario: Nadia Acimi
- Son: Laia Casanovas
- Fotografía: Mauro Herce
- Produtora: Movistar Plus+, El Deseo, Filmes Da Ermida, Uri Films, 4A4 Production (España)
- Distribuidora: BTeam


