A Libraría NUMAX acolle unha conversa sobre «A praza do Diamante»
O venres 23 de xaneiro ás 19:00h celebrarase na Libraría NUMAX unha converesa sobre A praza do Diamante (Rodolfo e Priscila) coa autora do prólogo, María Villamarín; a tradutora, Pilar Vilaboi, e o editor de Rodolfo e Priscila, Carlos Meixide. A entrada é libre ata completar aforo.
Na Barcelona convulsa da preguerra e da posguerra, Natàlia –Colometa– arrástrase entre as tarefas domésticas, os fillos, o pan e a escaseza, sen apenas saber quen é. A súa é a historia dunha muller sometida a un matrimonio opresivo nun mundo que lle impón silencio e obediencia, pero tamén a dunha conciencia que esperta, a dunha linguaxe que se abre paso ata atopar a súa verdade. Mercè Rodoreda constrúe un relato inesquecible sobre a perda, a resistencia e a procura dunha voz propia, un clásico contemporáneo sobre a experiencia da submisión e do medo, contado desde o corazón dunha vida aparentemente pequena en que latexa, porén, a historia colectiva dunha xeración de mulleres.
Publicada por primeira vez en Barcelona en 1962, velaquí unha das grandes novelas europeas do século XX.
Mercè Rodoreda (Barcelona, 1908) era filla única dunha familia bohemia que non a mandou á escola porque na casa “apréndese máis”. Casada e divorciada, tivo unha intensa actividade como xornalista baixo o goberno da Generalitat. Ao finalizar a Guerra Civil, tivo que exiliarse e estableceuse en Francia, fuxindo das posibles represalias por ter escrito en catalán. No seu exilio foise reinventando como artista, primeiro con poemas e contos e, a partir dos anos sesenta, cun conxunto de novelas que a convertirían nunha das autoras máis leídas da literatura catalana. Ademáis de A praza do Diamante (1962), traducida a máis de corenta idiomas, publicou Veintidós cuentos (1958), La calle de las Camelias (1966), Jardín junto al mar (1967), Mi Cristina y otros cuentos (1967), Aloma (1969), Espejo roto (1974), Parecía de seda (1978), Viajes y flores (1980) y Cuánta, cuánta guerra… (1980).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Nouvelle Vague
VOSE
-
-
A cronoloxía da auga
VOSE