A Libraría acolle a presentación de «Donde duele, brota» de Tania Godoy
Tania Godoy presenta Donde duele, brota (Talón de Aquiles) o venres 10 de abril ás 19:00h. A entrada é libre ata completar aforo.
Donde duele, brota é unha viaxe poética cara ao interior. Un percorrido honesto e visceral por todo aquilo que evitamos mirar: a ansiedade, a tristeza, a autoesixencia ou os baleiros.
Cunha voz íntima e valente, o libro atravesa o caos de medrar, o ruído das redes, o medo e a incerteza, pero tamén a beleza que aparece cando comezamos a escoitarnos de verdade.
Non ofrece respostas, pero si preguntas necesarias. Fendas por onde entra a luz.
Tania Godoy (2001) é actriz e poeta. Formouse en Interpretación na ESAD de Galicia e comezou a escribir aos 15 anos a través do slam poético, onde atopou un vínculo entre a palabra, o corpo e a escena.
A súa escrita nace dun lugar íntimo e visceral, entendendo a poesía como unha ferramenta de autocoñecemento e sanación. Con Donde duele, brota, o seu primeiro libro publicado, busca acompañar a quen atravesa procesos semellantes e lembrarlles que non están soas.