A Libraría NUMAX, na Feira do Libro compostelá
Ata o domingo 21 de xuño podedes atopar a Libraría NUMAX no posto número 6 da Feira do Libro de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda e beneficiarvos do 10% de desconto en todos os libros.
Ata o domingo 21 de xuño podedes atopar a Libraría NUMAX no posto número 6 da Feira do Libro de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda e beneficiarvos do 10% de desconto en todos os libros.
A partir deste venres 12 de xuño o Cinema NUMAX abre as súas portas. Para que a túa experiencia de volta ao cinema sexa cómoda e segura compartimos as indicacións que veñen a complementar as medidas de hixiene e seguridade implantadas desde hai semanas na Libraría NUMAX.
O proxector de NUMAX volve prenderse o venres 12 de xuño para dar luz ao mellor cinema independente e de autor en pantalla grande. Será un regreso gradual que, na primeira semana, contará cunha única sesión diaria. Xa podes reservar a túa entrada para as primeiras estreas que adiantamos a continuación.
[Foto: Tamara de la Fuente]
Tes entre 18 e 25 anos? Gústache comunicar a túa paixón polo cinema? Dominas o inglés? Se cumpres estes requisitos aínda estás a tempo de enviar a túa candidatura ao 27 Times Cinema, unha iniciativa coa que podes ser Xurado do Festival de Venecia con todos os gastos cubertos. Tes até este domingo 31 de maio. Participa!
Este domingo 17 de maio celebramos como cada ano o Día das Letras Galegas, que neste 2020 homenaxea a Ricardo Carvalho Calero.
Tes entre 18 e 25 anos? Gústache comunicar a túa paixón polo cinema? Dominas o inglés? Se cumpres estas tres condicións non deixes escapar a oportunidade de viaxar cos gastos cubertos ao Festival de Venecia para participar como xurado no 27 Times Cinema! Tes até o 31 de maio para enviarnos a túa candidatura. Unha iniciativa de Europa Cinemas, Giornate degli Autori, o Parlamento Europeo e LUX Film Prize. [Foto Kamil Klamut]