Volve o Curtocircuíto a NUMAX
Un ano máis, vivimos parte do Festival Curtocircuíto en NUMAX. Do 2 ao 5 de outubro, o Cinema NUMAX será unha das sedes do certame, con algunhas sesións especiais que contarán coa presenza dos cineastas.
Un ano máis, vivimos parte do Festival Curtocircuíto en NUMAX. Do 2 ao 5 de outubro, o Cinema NUMAX será unha das sedes do certame, con algunhas sesións especiais que contarán coa presenza dos cineastas.
O xoves 10 ás 20:00 na libraría NUMAX a poeta María do Cebreiro presenta A herba de namorar, antoloxía que condensa en cincuenta poemas a súa produción dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Estará acompañada polos escritores Ismael Ramos e Berta Dávila.
Arranca o curso de NUMAX, cun catálogo renovado de filmes que poñemos á disposición do profesorado para o desenvolvemento de proxeccións escolares na sala de cinema. O catálogo conta con propostas para todas as idades e cada sesión está acompañada de material didáctico específico e presentacións en sala.
O filósofo Brais Arribas presenta Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere Editora) o xoves 17 de outubro ás 20:00 na Libraría NUMAX, acompañado pola escritora Teresa Moure e Roberto Abuín, da editora.
Acompañado polo docente Eloy García e o socio de NUMAX Antonio Doñate, o escritor Luis Montero presentará o venres 27 de setembro ás 20:00 o ensaio Dejad que las máquinas vengan a mí (Enclave de libros, 2019).
Coa chegada do novo curso reanudamos as proxeccións do ciclo Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX coa última creación da talentosa cineasta chilena Dominga Sotomayor: Tarde para morir joven. O estudantado da USC pode acadar 1 crédito ECTS coa asistencia ao ciclo grazas ao acordo coa Universidade de Santiago de Compostela.