Ángel Santos visita NUMAX para a preestrea en España de "Las altas presiones"
Este xoves 7 de maio ás 20:00, temos o privilexio de recibir a Ángel Santos (Marín, 1976) no Cinema NUMAX. Ángel e o seu equipo achéganse a NUMAX para a preestrea española do seu último filme, Las altas presiones, que se estrea este venres 8 de maio en salas de toda España.
Logo de Dos fragmentos / Eva (2011) e Adolescentes (2012), Ángel Santos presenta no Cinema NUMAX a súa última longametraxe, estreada no Festival Internacional de Cinema de Busan (Corea do Sur), galardoada co Premio Nuevas Olas do Festival de CIne Europeo de Sevilla 2014 e mención especial do xurado mozo no REC Tarragona 2014.
O filme, rodado entre Galicia e Portugal, conta a volta de Miguel á que un día foi a súa cidade na procura de localizacións para un filme alleo. A cor verde do campo e a azul do mar emborranchadas polas ruínas industriais de Pontevedra. Festas, concertos, viaxes e flirteos a destempo nos que saber cantos trens deixará marchar antes de subir a un (de chegar a facelo) convértese en cuestión de vida ou morte. O que é igual, cando deixará de vivir dos filmes dos outros para dirixir a súa propia vida.
Como xa é habitual coa presenza de convidados no Cinema NUMAX, a entrada para a sesión de preestrea de Las altas presiones co seu director Ángel Santos ten un custe único de 8€, con entrada reducida de 4,80€ para abonados colaboradores e abonados protectores de NUMAX.
Podedes mercar as entradas para esta sesión no noso web: https://numax.org/cinema/ficha/las-altas-presiones
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Bird
VOSG
-
-
As margaridas
VOSE