Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Rubio, Antonio

Crocodilo (formato grande)

Os títulos máis coñecidos da colección “Do berce á lúa” nun formato máis grande ideal para contar e compartir.
Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para “educar o ollo e adozar o oído”, como explica o seu autor, e a pesar da súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. 
Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos con máis éxito da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras “Lúa” e “Animais” chega ás librarías “Crocodilo”, o cal se inicia cun extravagante réptil verde verde verde, que sobe nun baúl, que sobe nun castelo, que sobe...
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 16 |
  • Dimensións: 240x240 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-1343-454-4 |