Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Yáñez, Antía

A eiruga rabuda

No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse... ou loitar! Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 56 |
  • Dimensións: 165x235 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-828-7 |