Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
ATA QUE OS MARES SEQUEN
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías
ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.
A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.

- Editorial: Morgante |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19040-64-0 |