Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Taylor, Kressman

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi.
Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo "The New York Times Book Review" como "a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma".
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: LÁZARE, EMMA |
  • ISBN: 978-84-1110-336-7 |