Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

3

Tes cinco minutos #4

Dicía unha canción que a vida é eterna en cinco minutos. E eternos eran tamén os cinco minutos escasos que tiñan os alumnos e alumnas da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia para desenvolver o seu traballo nas aulas desta iniciativa innovadora, baixo a atenta ollada de autores e autoras de recoñecido prestixio que impartiron as clases.
Agora, para poñerlle o ramo ao curso, ofrecemos unha mostra dos mellores textos nos xéneros máis variados que saíron desta Escola, liberados xa do inclemente tic-tac do reloxo.
Desta volta sodes vós, lectores e lectoras, quen xulgardes o traballo destas novas voces para o vello soño da literatura.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-363-9 |