
Saberes de María da Vrea
A colleita de María Fraíz Canaval dourouse á calor e lentura de quen todo nolo deixou: Pepa Canaval e Mamá Filomena. Carrexáronse as mazarocas da leira ao casal. Esfolláronse no alboio e, ben atondadas, curaron engordiño ao socairo do canastro. Do canastro á debulla, e da debulla ao muíño. Moeuse a gra en pedra borneira, e a fariña peneirouse ao xeito, enchendo sete folecas ben acuguladas: coplas, recitados, adiviñas, trabalinguas, refráns, contos, receitas
Abofé, as papas que con este óleo se fagan hannos medrar o corpo e gorentar a alma.
- Editorial: Morgante |
- Páxinas: 324 |
- Dimensións: 148x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19040-49-7 |