Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Oseman, Alice

Heartstopper 3

O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que te quere ao teu lado. Á medida que os seus sentimentos se fan máis profundos, o Charlie e o Nick precisarán o un do outro máis que nunca. Este é o terceiro volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 384 |
  • Dimensións: 155x235 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-613-9 |