
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
As matemáticas máis sorprendentes
O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro. Neste texto atopamos curiosas respostas a moi variadas cuestións, entre as que figuran a estatística, as xeniais ideas de Cantor sobre o concepto de «infinito» ou as maxistrais e máxicas solucións de Euler a moitas «series numéricas». No final do libro, o «Epílogo» é un percorrido pola historia das matemáticas, con acontecementos destacados, controversias, fitos, anécdotas, ou breves biografías singulares, que nos farán gozar coa súa lectura.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 160 |
- Dimensións: 135x195 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-495-1 |