
Diario de dúas casas
A protagonista de Diario de dúas casas experimenta un desprazamento dobre. A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu e onde está a súa casa familiar convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escritura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.
- Editorial: Euseino? |
- Páxinas: 130 |
- Dimensións: 135x185 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-127031-0-8 |