
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Este camiño que fixemos xuntos
Co mesmo estilo narrativo con que contaba películas e comentaba a actualidade a un alumnado engaiolado, a metade de camiño entre un guión de cine e os contos ao pé da lareira, Antía Cal fainos percorrer en Este camiño que fixemos xuntos o relato vital dunha muller galega do século XX. Nestas páxinas repásanse soños, proxectos compartidos, crónica dos amigos, lembranzas felices e momentos duros, mais sempre coa ilusión de quen sabe que o camiño é posible e moi fermoso para facelo cos demais.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2006 |
- Páxinas: 264 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-955-9 |