Lendas, contos e outras historias de Olveira
Este ramallete de contos tradicionais de Olveira, na faldra de Barbanza, á beira do Atlántico, inclúe historias ancestrais localizadas en lugares máxicos que perduran co seu carácter mítico, engaiolante. A Fonte da Matanza, onde as bruxas se axuntan na feérica noite de San Xoán. A lagoa do Carregal, que garda a pecadenta Cidade de Valverde. O Eiteiro da Morte, testemuña de arrepiantes aparicións do Cabalo Branco de Casanande. As agras receptoras de atávicos ritos de fertilización. Oxalá tires deles, lectora, lector, ensinanzas que te axuden no teu camiño pola vida.
- Editorial: Medulia |
- Páxinas: 82 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 979-13-88061-46-2 |