Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA

BRUXAS E DRAGONS 2: A BRUXA MALA DO OESTE

A Bruxa Mala do Oeste chegou a Trisol. E, por suposto, non veu de visita.

O mundo de Oz irrompeu nestas terras, un tornado púxoo todo patas arriba e o Palacio Esmeralda álzase agora no medio deste mundo. Alí espérate unha bruxa que encheu o camiño de criaturas dispostas a impedir que completes a túa misión.

Toca volver xogar. Escolle por onde avanzar, toma decisións, combate, pon a proba a túa agudeza e procura non equivocarte demasiado. Porque en Bruxas & Dragóns cada elección pode cambiar o rumbo da aventura e levarte a un final diferente.

Esta vez, á espada e á maxia súmase a nigromancia, unha nova modalidade que che permitirá invocar as criaturas que derrotaches para que loiten por ti.

Máis de 50 finais, tres modalidades de xogo e unha aventura que ti decides. Novas mecánicas, novos desafíos e multitude de camiños para volver xogar unha e outra vez.
  • Editorial: Triqueta |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 150x200 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 979-13-87501-88-4 |