Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

RAFAEL QUNTÍA PEREIRA

PLANTAS MEDICINAIS E REMEDIOS CURATIVOS DA ETNOBOTÁNICA GALEGA

O antropólogo Rafael Quntía e a profesora Pilar Silva combinan nesta obra o seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes. O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. "Plantas medicinais e remedios curativos" aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa. Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, asi como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados. En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a
  • Editorial: Ab Origine |
  • Páxinas: 276 |
  • Dimensións: 160x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-129111-3-8 |