Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

JOSIÑO ARAÚJO

San Meteoro

O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un enigmático meteorito que cae do ceo para cambiar a súa vida, a das persoas da súa contorna e mesmo a da cidade onde vive.
Unha historia orixinal, de ritmo cinematográfico e chea de humor. Unha sátira de profunda lixeireza cun final trepidante.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 368 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-614-6 |