Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Mirás Calvo, Miguel Ángel | Besada Moráis, Manuel | García Cutrín, F. Javier | Quintero Sandomingo, María del Carmen | Vázquez Pampín, Carmen

MARéMÁTICAS

Este libro de texto inclúe o contido das dúas materias de Matemáticas do primeiro curso do grao de Ciencias do Mar. Preténdese dotar o estudante de capacidade para comprender e utilizar a linguaxe matemática, para asimilar novos conceptos, adquirir habilidades de cálculo e propoñer modelos matemáticos sinxelos, tamén é desexable que o estudante se adestre no uso de aplicacións informáticas para experimentar en matemáticas e resolver problemas.
Recóllense os resultados teóricos necesarios e, sobre todo, unha ampla recompilación de exercicios como material de traballo para o alumnado, algúns resoltos con todo detalle, outros cunha resolución menos pormenorizada e tamén moitos propostos, a maior parte coa solución final.
Obviamente este material pode ser usado para as materias de matemáticas de outras titulacións aínda que non teñan un programa tan extenso.
  • Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade |
  • Páxinas: 289 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-1188-007-7 |