Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Liv Strömquist

NA SALA DOS ESPELLOS

A banda deseñada máis recente de Liv Strömquist reflexiona sobre a nosa obsesión pola autooptimización, a imaxe e o aspecto físico (e, sobre todo, polo das mulleres), así como a súa relación coas novas tecnoloxías.

Dende a emperatriz austríaca Sissi até as Kardashian, Liv detense a observar como os espellos, esas ferramentas puídas, domean o mundo actual a base de dopamina e likes, xa que… acaso o smartphone non é unha nova versión do espello da madrasta?
  • Editorial: Catroventos |
  • Páxinas: 172 |
  • Dimensións: 170x235 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: David Á. Álvarez Martínez |
  • ISBN: 978-84-127425-2-7 |