                                            Memorias dun neno labrego
                            Eu son
 Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.
Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 80 |
- Dimensións: 210x297 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-176-5 |