Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pérez Rúa, Manuel

Galicia, 1981-2021. Autonomía, Sociedade e cultura. Conversas con Xosé Luís Barr

Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica.
Nesta entrevista, en diálogo con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares, afróntanse os cambios entre dous séculos, produce información, debate, crítica política e social, controversia, memoria e historia máis alá de tópicos e simplificacións dun proceso social, económico, político e científico que precisaba axenda e voces cualificadas para afrontar con solvencia e pertinencia corenta anos vividos e estudados a un tempo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 370 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-143-7 |