
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Azami
Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el asiste a un selecto club onde atopa unha antiga amiga da escola, a misteriosa Mitsuko, o seu primeiro amor. O encontro con Mitsuko, a quen chama Azami, coma a flor do cardo, esperta nel unha paixón inesperada e revive os seus desexos de xuventude.
- Editorial: Rinoceronte Editora |
- Páxinas: 120 |
- Dimensións: 135x215 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Gómez Blanco, Sergio |
- ISBN: 978-84-19795-01-4 |