
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
O xenio da Cidade do Sal
«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. O libro contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 176 |
- Dimensións: 130x195 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-1110-002-1 |