Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

ANDRÉS, TAMARA

Distancias

Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, unha pregunta constante, un deixarse levar.
Despois do sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de pensamentos, Distancias é o segundo froito de Cartas ás 12, un proxecto que os dous creadores idearon para experimentar, para asombrarse, para establecer un diálogo sen xerarquías entre texto e ilustración, para amosar a literatura como unha arte en acción.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 150x235 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-441-1 |