Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

DA SILVA, KIKO

Aprende banda deseñada con Fiz

Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos. De maior quería ser parado de profesión, pero acaba de descubrir que hai un emprego moito máis divertido: Fiz quere ser debuxante de banda deseñada! Así non pasará fame, din que os artistas viven do aire!
Neste libro, o popular personaxe de Kiko da Silva ensínanos como se crea un cómic. Paso a paso, mediante historietas e exercicios, iranos explicando que é e como podemos crear a nosa propia banda deseñada. Será Fiz quen de deixar de facer debuxos de cacas e converterse nun verdadeiro debuxante de cómics? Aprenderá a debuxar cacas hiperrealistas?
Prepara os lapis e ven pasalo en grande xunto a Fiz neste curso de cómic.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 56 |
  • Dimensións: 230x300 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-493-9 |