                                            PANTALLAS 1: Marcas na paisaxe
                            Cine,  diversidade  e  redes,  un  proxecto  de  pesquisa  que  finalizou  en  2012  e  que  versou  sobre  as  posibilidades  de  circulación  do  cinema  en  lingua  galega  precisamente  en  sociedades  onde  asentou  a  diáspora  galega  ao  longo  da  historia,  dende  aquel  real  decreto  de  1773  polo  que  saíron  do  porto  da  Coruña,  no  paquebote  Virxe  do  Rosario,  familias  enteiras  para  construír  as  primeiras  cidades  na  conca  do  «Río  de  la  Plata»,  tróuxonos  para  a  man  tres  cariátides  que  distinguen  o  cinema  de  aquí:  a  lingua,  a  terra,  coa  variante  «paisaxe»  e  as  migracións. 
Con estas doas no fardelo e ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración do 2018 como «Ano europeo do Patrimonio Cultural. Material, Inmaterial e Dixital», quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada período; que analicen como se filmou a terra e a idea da terra; que traten das diferentes propostas dun cinema nacional-popular; que se fixen na contribución constituínte do cinema militante e amador, amateur, e que nos axuden a lembrar aqueles momentos de debate en torno da lingua nas películas.
TEXTOS DE: Margarita Ledo, Xan Gómez Viñas, José Luis Castro de Paz, Marta Pérez Pereiro, Brais Romero Suárez, María Soliña Barreiro González, Xosé Nogueira, Fernando Redondo Neira

- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2018 |
- Páxinas: 214 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9151-172-4 |