Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

CHÉVERE

Annus Horríbilis

Annus Horríbilis, que se estreou en 1994, é unha pequena ópera portátil integramente cantada en galego. Unha picadora escénica que esmiúza os estereotipos do xénero lírico e reinventa
unha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable.
As tribulacións da familia real británica son trasladadas a Galicia para escenificar intrigas cortesás, romances ilexítimos e loitas entre dúas liñas dinásticas enfrontadas: os Tamara vs. os Cunters.
Dende o bel canto ou swing, ata a zarzuela ou o music-hall, pasando polo xénero da revista e o jazz, o romanticismo e o heavy metal, este espectáculo fai un amplo e variado percorrido polos estilos musicais máis populares dos últimos séculos.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 160x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-321-0 |