Xustiza artificial
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
Xustiza artificial
- Estrea
- DCP2K
- +12
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un polémico sistema de Intelixencia Artificial que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo os xuíces e xuízas en todo o país. Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é invitada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición da creadora do sistema provoca unha gran desconfianza nela. Axiña entende que está a descubrir unha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo o país.
Presentación e coloquio co director | Sábado 14 de setembro
- Título orixinal: Justicia artificial
- Ano: 2024
- Duración: 94 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Simón Casal
- Guión: Simón Casal, Víctor Sierra
- Elenco: Verónica Echegui, Alberto Ammann, Alba Galocha, Tamar Novas, Lúcia Moniz
- Montaxe: Irene Blecua
- Dirección de arte: Curru Garabal
- Vestiario: Marta Anta
- Son: Elsa Ferreira, Pedro Góis
- Música: Sofia Oriana Infante
- Fotografía: Diego Cabezas
- Produtora: Abano Producions, Amazon Prime Video, AGADIC, ICAA, Justicia Artificial (España)
- Distribuidora: A Contracorriente Films