Vainilla

  • Estrea
  • DCP2K
  • +5
  • VE
Do 6 ao 9 de abril

Vainilla

Vainilla, unha nena parisina, chega á Illa de Guadalupe para pasar as vacacións coa súa tía. Ao principio rexeita todo o relacionado coa illa, pero pouco a pouco irá descubrindo os seus misterios e entrará nunha aventura exótica chea de personaxes pintorescos e elementos máxicos.

Unha historia chea de sensibilidade e coraxe realizada cunha orixinal técnica de animación que combina o 2D con imaxes reais. Acompáñana outras catro curtametraxes sobre a aceptación das propias orixes e valorar o que nos fai diferentes.

  • Título orixinal: Vainilla
  • Ano: 2023
  • Duración: 58 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: VV.AA
  • Distribuidora: Rita & Luca